VII Media Maratón Ribadeo – As Catedrais 2021

  • Carreira: Media Maratón Ribadeo – As Catedrais
  • Data: 18 de Setembro de 2021
  • Lugar: Ribadeo (Mariña Lucense) 
  • Distancia: 21,097 km
  • Tempo: 1h 41min 30seg
  • Prezo de inscripción: 4 euros (un regalo)
  • Valoración: 9,5/10
  • Percorrido: No meu Strava

Despois do parón obligado pola COVID-19, despois de arrastrar unhas molestias que non cesan no aquiles e despois de abandonar o deporte durante varios meses, volvín a poñer un dorsal. Volvía á que probablemente sexa unha das miñas carreiras favoritas, tanto pola distancia como polo percorrido, así que era o lugar idóneo para volver a correr. O resultado foi o esperado, paseino xenial, rematei con boas sensacións e con ganas de seguir adestrando e pensando xa en futuras competicións. Grazas Media Maratón Ribadeo – As Catedrais 😍.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies. Si continúas navegando aceptas esta política de cookies, aquí podes ler máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies