Estadía en Santiago de Chile, a viaxe a sudamérica do meu PostDoc

De xullo do 2021 a xullo do 2023 puiden gozar dun contrato programa de axudas á etapa de formación posdoutoral financiado pola Xunta de Galicia. Durante ese periodo, entre novembro do 2022 e maio do 2023, viaxei a Santiago de Chile para realizar unha estadía na Facultad de Comunicaciones da Pontificia Universidad Católica de Chile.

Costanera Center en Santiago de Chile by Caio Silva

Coñecer cómo son as universidades sudamericanas

Esta experiencia serviume enormemente para poder traballar no meu traballo de investigación, unha pequena parte do proxecto FACTCHECKERS: Narrativas digitales contra la desinformación: estudio de redes, temas y formatos en los fact-checkers iberoamericanos, un proxecto financiado pola Agencia Estatal de Investigación (Ref. PID2019-108035RB-I00/AEI/ 10.13039/501100011033) e liderado polo grupo de investigación SEPCOM. Coñecer ao persoal que traballa día a día no ámbito académico, a organización universitaria, poder acudir ao Congreso anual de INCOM celebrado en Viña del Mar e crear amistade con persoas de diferentes partes do mundo foi unha das principais experiencias vividas.

Colaboracións con profesorado da Católica de Chile

As relacións entre investigadores e profesores sempre son positivas. Tanto a nivel persoal como a nivel de resultados académicos puiden traballar con varios profesores durante os 7 meses que estiven en Santiago. En primeiro lugar, Francisco Fernández Medina foi o profesor que me recibiu e co cal puiden traballar nun capítulo de libro titulado «Enfrentando la desinformación en salud: aprendizajes de la pandemia de COVID-19 y estrategias para el futuro«. Tamén coñecín a Claudia Montero Liberona, especializada no ámbito da comunicación en saúde e con quen traballei un artigo sobre a comunicación do Ministerio de Saúde chileno sobre o cancro, publicado na revista Perspectivas de la Comunicación. Ademáis, puiden compartir grandes momentos con dous profesores visitantes o danés Erik Albæk, da University of Southern Denmark, e o alemán Stephan Winter, da University of Kaiserslautern-Landau (RPTU).

Imaxe da fachada da Facultad de Comunicaciones UC

Ata publicaron un artigo mencionando a miña visita á facultade na páxina web do centro, podes consultalo pulsando aquí.

Viaxar por Sudamérica (Chile, Arxentina e Brasil)

Ademáis de traballar puiden aproveitar o tempo para visitar diferentes destinos, era a primeira vez que estaba en Sudamérica e non quería perder a oportunidade. No inicio da miña estadía visitei diferentes puntos de Chile: Valparaíso, Viña del Mar, Sewell (unha ciudade mineira deshabitada), Maipo, Rancagua, Chillán… Nas últimas semanas desplaceime ao norte para coñecer o deserto de Atacama, un lugar moi diferente a todo o que tiña visto anteriormente. Ademais, puiden cruzar os Andes e visitar a cidade de Mendoza na Arxentina e, finalmente, desplaceime a Brasil para coñecer a cidade de Río de Janeiro. Foron 7 meses nos que aproveitei para recorrer o máximo que o meu tempo e orzamento me permitiron.

Finalizar toda unha aventura

De novembro do 2022 a maio do 2023 estiven en sudamérica. Para ser a primera vez, non estivo nada mal. Coñecín a xente incríble, visitei lugares maravillosos, recorrín sendeiros espectaculares… Foi unha pasada a todolos niveis polo que non fago mais que agardar á próxima.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies. Si continúas navegando aceptas esta política de cookies, aquí podes ler máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies