Quen son?

Boas, se estás aquí será para saber un pouco sobre a miña persoa ou a miña traxectoria, así que tratando non ser demasiado pesado aquí vai algo de información:

Son Javier Abuín Penas, Profesor Axudante Doutor na Universidade de Vigo. Agora traballo na mesma facultade na que me graduei, a Facultade de Comunicación (anteriormente coñecida como Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación) de Pontevedra, en Publicidade e Relacións Públicas aló polo 2014. Despois de traballar no ámbito do marketing e da comunicación no sector privado durante máis de 5 anos e de facer un mestrado en Xestión Empresarial do Deporte, tamén na UVIGO, picoume a curiosidade da investigación e decidín volver á universidade. En decembro de 2020 defendín a miña tese doutoral titulada «La responsabilidad social y su comunicación en los deportistas de alto nivel» e puiden finalizar con éxito un dos maiores retos da miña vida.
Despois de finalizar a tese traballei no proxecto FACTCHECKERS: Narrativas digitales contra la desinformación: estudio de redes, temas y formatos en los fact-checkers iberoamericanos, un proxecto financiado pola Agencia Estatal de Investigación (Ref. PID2019-108035RB-I00/AEI/ 10.13039/501100011033) e liderado por el grupo de investigación SEPCOM.

Podes botar unha ollada ás miñas publicacións científicas aquí.

Tamén podes ver as materias nas que adoito impartir docencia facendo clic aquí.

Se con estes datos non che chega, sempre me podes preguntar o que che pete a través da sección de contacto. Saúdos!

Este sitio web utiliza cookies. Si continúas navegando aceptas esta política de cookies, aquí podes ler máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies