WordPress de probas gratuíto con dinahosting

A través deste artigo imos a ver, paso a paso, como a través do hosting de probas de dinahosting podemos desenvolver un proxecto web sen pagar aloxamento nin dominio. A continuación, veremos os pasos a seguir para rexistrarse, obter un aloxamento totalmente gratuíto e crear unha páxina web en WordPress.

Pero antes, por que con dinahosting? 🤔

dinahosting é unha empresa galega que ofrece múltiple servizos web e que destacan polo seu fantástico soporte. Ademais, levan colaborando con Máster en Comunicación en Medios Sociais e Contidos Dixitais da Universidade de Vigo desde o seu inicio. Eu estou encantado con tódolos proxectos que teño aloxados nos seus servidores, sempre responden axiña e teñen unha solución 😊

Dar de alta un hosting gratuíto 🤑 en dinahosting

O primeiro que debes facer é acceder á páxina “Configura o teu hosting”. Pódelo facer pulsando neste enlace ou visitando a sección “Hosting” da web de dinahosting e elixe entre os plans de aloxamento que teñen dispoñible un período de proba gratuíto: “Básico” ou “Avanzado”.

Este artigo é unha adaptación do post publicado no blog de dinahosting

Agora sí, se vas seguindo estos pasos poderás ter o teu hosting gratuíto:

1. Dentro do menú despregable do “Período de contratación” selecciona a opción “Proba gratuíta” para obter o aloxamento en probas con todas as súas funcionalidades durante 15 días.

2. Escolle o dominio baixo o que queres activar o hospedaxe nas probas marcando a opción “Aínda non teño dominio e quero un subdominio de probas”. Con esta  opción dinahosting proporcionaranos gratuitamente un subdominio que será: endinahosting.com.

3. No apartado “Subdominio Asociado” indica o nome do teu subdominio. Debería ser o nome da túa marca.

4. Configura o teu hosting en probas, escollendo sistema operativo Linux e marcando a opción “WordPress estándar”.

5. Por último, vai ao menú da dereita onde verás un resumo da operación. Fai clic en “Comprar” e xa está! Non necesitas engadir ningunha información de pago.

Podes ver todo o proceso neste vídeo 📺

Ampliar 📅 o período de proba

Por defecto, este servizo gratuíto de dinahostig ofrece 15 días. Se queremos ter máis tempo dispoñible para facer probas e deixar a nosa páxina web en WordPress lista, podemos solicitar unha ampliación de 30 días.

Lembra, se despois dos primeiros 15 días non amplías o aloxamento de proba, este caducará.

Para facelo, só é preciso pulsar no botón “Ampliar 30 días” que está situado no teu Panel de Control.

Se tes dúbidas ou precisas axuda para completar o proceso podes escribirme a través do meu correo electrónico (jabuin@uvigo.gal) ou poñerte en contacto co equipo de soporte de dinahosting (soporte@dinahosting.com), que estou convencido de que tamén te atenderán encantados 😜

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies. Si continúas navegando aceptas esta política de cookies, aquí podes ler máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies