Titorizando TFGs e TFMs en comunicación

Como titor de TFG e de TFM trato de apoiar e guiar aos estudantes para que poidan defender con éxito os seus proxectos e sexan capaces de presentar as súas capacidades a través dun traballo final do que se sintan ogrullosos.

O meu obxectivo como profesor profesor é guiar ao alumno ou alumna na adquisición de competencias para o traballo, axudándoo a planificar e desenvolver un proxecto académico que posteriormente será avaliado por un tribunal.

O que máis me gusta desta proba, habitual nos graos e mestrados do ámbito da comunicación nos que imparto docencia, é que o/a estudante ten a posibilidade de mostrar todo o seu potencial desde unha perspectiva nova, sendo capaz de orientar o seu traballo como mellor considere.

Actualmente dirixo TFGs nos graos de Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, en Pontevedra. Tamén dirixo TFMs nos mestrados en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais e en Dirección de Arte en Publicidade

Por ese motivo, a través deste post quero solicitar aos estudantes aos que lles titoricei algún destes traballos que deixen un comentario explicando cómo foi a súa experiencia. O que me gustaría é que fagan unha valoración xeral do seu traballo (TFG ou TFM) e, específicamente, que valoren o meu despempeño como titor para saber cómo mellorar no futuro. Agardo ansionso que este post se encha de comentarios 😜

4 comentarios

  1. María dice:

    Este último curso tuve la suerte de contar con Javier, como mi tutor de TFM en el Máster en Comunicación en Medios Sociales y Creación de Contenidos Digitales. Puedo decir que ha sido, sin ninguna duda, un gran tutor. Javier ha mostrado una gran dedicación, me ha sabido guiar a lo largo del proyecto y ha creído en este, en todo momento.

    Gracias a mi TFM he podido desarrollar diversas capacidades y aplicar los conocimientos adquiridos en la titulación y esto ha sido gracias a la ayuda de Javier. Ha sido un docente comprometido con su trabajo y le estoy muy agradecida.

    1. jabuin dice:

      Muchas gracias María. Enhorabuena por tu trabajo, que ha sido tremendo 🙂

  2. Paula dice:

    Son Paula, e xa podo dicir que son titulada en Publicidade e Relacións Públicas. Unha das partes máis importantes da carreira, polo menos para min, foi o traballo fin de grao. Escollín a Javi como titor do meu traballo sen coñecelo, porque estaba buscando unha persoa que levase os temas de comunicación dixital e deporte, e el era o único que o facía. A verdade é que ao non coñecer á persoa estaba arriscándome a que o meu titor fose un completo desastre e pasase de min, pero non foi para nada así. Dende o primeiro momento mostrou interese na miña temática, axudándome a levala cara os campos de estudo que máis me atraían. Cando xa tiña decidido o tema e comencei a buscar información académica sempre estivo en contacto constante comigo, facilitándome material e aportando as súas recomendacións ata no momento da defensa. Finalmente e grazas a súa axuda, puiden desenvolver con éxito unha investigación comparativa entre a comunicación da conta de Instagram do Giro de Italia feminino e masculino. Ademais, considero que durante o proceso aprendín moito da temática e de como facer un bo traballo académico.

    1. jabuin dice:

      Moitas grazas polo teu comentario Paula. Alégrome de que a experiencia fose grata e penso que fixeches un traballo espectacular. Noraboa polo traballo e polo título 😉

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies. Si continúas navegando aceptas esta política de cookies, aquí podes ler máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies