Volta á universidade e volta á docencia. Desta volta tócame impartir clases, tanto teóricas como prácticas, na materia Propaganda en medios audiovisuais aos estudantes de cuarto curso do grao en Comunicación Audiovisual. Será a primeira vez que imparta docencia teórica que que de clases en CAV, polo que será todo un reto. Para aumentar a dificultade as clases serán os xoves de 15h a 21h, polo que 6h NON STOP.

Serán poucas horas de docencia pero intensas, polo que tratarei de facer as clases o máis amenas posibles combinando as explicacións teóricas con vídeos a modo de exemplo. Outro dos retos será involucrar o máximo posible aos alumnos/as para que participen, aínda que esta parte sempre é complicada 😁.