Non é unha obligación, é unha recomendación. Pese aos tópicos e perxuizos, que se é unha forma de pasar un curso escolar sacando materias difíciles de aprobar ou un xeito de vaguear nun país extranxeiro, o Erasmus tamén se pode aproveitar para cursar asignaturas que non che oferta a túa universidade, viaxar por destinos que nin sabías que existían e coñecer xente de moitos países e moitas culturas diferentes. Non vos vou enganar, eu tamén saín de festa a tope e viaxei todo o que puiden, pero este tipo de experiencia tamén é unha gran oportunidade de aprendizaxe que vai máis aló deste tipo de plantexamentos.

Sin máis palabrería, vouvos resumir un pouco a miña experiencia con este programa.
Cando e a onde me fun de Erasmus?
Pasei o ano escolar 2012/2013 (sí, cando estés a ler esto xa fará moito tempo) na Tomas Bata University en Zlín, unha pequena vila da República Checa. Cando cubrín a solicitude para a bolsa a miña intención era ir a Polonia, pese a non conseguilo non foi un gran problema o ter que cambiar de destino e pasar un curso enteiro en terras checas. Aínda que o checo é o idioma principal do país, todas as materias que cursei se impartían en inglés, situación na que te encontrarás na maioría de destinos dentro do programa Erasmus.

Inconvintes ou problemas para ir de Erasmus?
O que máis dores de cabeza me deu: papeis, papeis e máis papeis. A burocracia que conleva un proceso así é o que máis tira para atrás a moita xente, probablemente nunca tiveche que organizar nada similar e todas as solicitudes que debes presentar a diferentes organismos para pedir bolsas ou outros documentos, falar coas universidades de destino para cadrar materias e demáis trámites serán en algún momento un pesadelo, pero aínda que sexa duro, paga a pena.
Outro dos inconvintes que teñen varias persoas é o tema económico. Comezarei decíndo que é evidente que vas a gastar máis do habitual (un aloxamento diferente, voos, comidas e gastos extra cos que non contas) e pese a que a variedade e cantidade das bolsas son variables de un ano para outro, a miña experiencia persoal é que se queres pasar un ano estudando no extranxeiro, co sistema público de bolsas que temos en España querer é poder. Non é necesario que te vaias ás cidades máis caras de Reino Unido, Francia ou Alemaña, hai destinos máis económicos en países menos coñecidos de Europa. Durante o meu ano na República Checa conseguín sobrevivir coa suma da bolsa específica de Erasmus e a bolsa xeral do Ministerio de Educación, polo que o gasto ao final do curso escolar foi pouco máis do que houbera gastado estando en Pontevedra.

Aproveita para viaxar
Un dos principais motivos para irse de Erasmus é a posibilidade de viaxar e coñecer novos lugares. Tanto se o fas en grupo como se che gusta máis facer turismo en solitario, descubrir o grande e sorprendente que é o mundo no que vivimos é unha das satisfaccións máis grandes que tiven durante o meu ano na República Checa. En menos de 9 meses estiven en máis de 10 cidades de 6 países diferentes (República Checa, Eslovaquia, Austria, Hungría, Polonia e Holanda), unha pasada.

Pensa que vas a facer coa túa vida
Eu funme de Erasmus no terceiro ano da carreira. Este é o momento que a maioría dos estudantes elixen para facer un intercambio e eu creo que é o ideal. Xa levas 2 anos cursando os estudos que decidiche, xa deberías ter certos coñecementos sobre o que máis e o que menos che gusta do camiño que elexiche polo que pode ser o momento de poñerse a pensar que vas a facer cando remates. Da morea de xente que vas coñecer verás que hai persoas que xa teñen moi encamiñado o seu futuro e outras que aínda non teñen nin idea qué facer coas súas vidas, as conversas que poidas ter tanto con outros estudantes como con profesores poden ser de gran axuda para continuara a planificar o teu futuro.
Precisas un último empuxón para decidir?
Non lle deas máis voltas, elixe varios destinos, vai a falar coas persoas que xestionan as relacións internacionais na túa faculdade ou con outros estudantes que fixeran Erasmus previamente e asina os papéis para vivir esta experiencia. Non, non me dan ningunha comisión porque vos vaiades pero asegúrovos que será unha experiencia que non ides poder repetir nas vosas vidas, tanto académica como persoal. Coñecerás un montón de xente de outros lugares, descubrirás destinos aos que non contabas desplazarte, aprenderás a desenvolverte fora da túa zona de confort (non me gusta nada esta expresión, pero aquí aplica á perfección).

Se continúas sen telo claro podes botar unha ollada a este post que Raquel Piñeiro escribiu para Traveler e que posteriormente converteu nun libro, nel enumera 31 cousas que nunca se che olvidarán do teu Erasmus.