- Carreira: Trail Monte Comado
- Data: 14 de Outubro de 2018
- Lugar: Barreiros (Mariña Lucense)
- Distancia: 28 km (tamén había proba de 10 km)
- Desnivel: sobre 1720 m. (positivos)
- Tempo: 3h 59min 49seg
- Prezo de inscripción: 15 euros
- Valoración: 9/10
- Percorrido: No meu Strava
Espectacular carreira. O Trail do Monte Comado é unha competición moi enxebre na súa esencia, esta é a terceira edición á que acudo e cada ano disfrutoa máis. Unhas paisaxes chulísimas (a Mariña Lucense é fermosa), un percorrido moi bonito (e moi duro) e unha chea de monte que descubrir. Pese a chegar reventado á meta, o avituallamento final permite pegarse unha homenaxe coa que recargar as pilas a tope. Sen dúbida esta é unha das miñas carreiras favoritas do calendario e agardo repetila no 2019 💪.
Aquí vos quedan unhas fotiños para que vos fagades unha idea de como é a proba, aínda que non se aprecie o mellor, as vistas á costa: