O principal obxetivo de facer unha estadía na University of Michigan era conseguir a mención de Doctorado Internacional pero finalmente estes 3 meses servíronme para moito máis.

Coñecer cómo son as universidades americanas
Os americanos son moi diferentes en moitos aspectos e o ámbito universitario non é diferente. Botar de maio a xullo na School of Kinesiology da University of Michigan permitiume coñecer algunhas destas diferencias. A propia vida universitaria é diferente, cómo se organizan tanto os estudantes coma o profesorado, a distribución das horas de traballo dos investigadores / docentes, a forma de seleccionar as materias para configurar os estudos, etc.

Producción científica
Publicar é unha das partes básicas no mundo académico. Neste ámbito o feito de poder traballar coa Dr. Kathy Babiak axudoume a explorar outros temas e ramas que descoñecía e abriume a posibilidade de novas colaboracións. Froito desta estadía puidemos traballar nun capítulo de libro que pronto se publicará e tamén un artigo académico que se publicou no Journal of Human Sport and Exercise. Ademáis, puiden ver cómo se organizan e traballan outros grupos de investigación.

Continuar practicando idiomas
Facer unha estadía nos Estados Unidos e verme na obligación de comunicarme en inglés no día a día, por narices te obliga a mellorar. Ademáis do uso diario, a nivel científico o inglés é fundamental. Botar 3 meses nunha universidade investigando e compartindo tempo con anglofalantes axudoume a coller solutar e mellorar bastante este aspecto no que, aínda a día de hoxe, continúo sin ser moi habilidoso.
Viaxar
Descubrir novos lugares é unha das miñas paixóns. Ann Arbor, a cidade na que pasei estes 3 meses está ubicada en Michigan, moi cerquiña de Detroit e non demasiado lonxe de grandes urbes coma Chicago ou Toronto. Ademáis, os pequenos núcleos que se ubican ao seu redor son poboacións moi chulas con parques naturais moi fermosos.

¿Cómo conseguín facer esta estadía?
Nestes momentos (2019) estou realizando o doutoramento na Universidade de Vigo. No meu caso, e penso que na maioría de programas de doutoramento, os contratos predoutorais teñen asociadas bolsas ou axudas de movilidade internacional que facilitan a obtención dun doutoramento internacional. Estas axudas permiten que se poidan realizar este tipo de estadías sen ter que invertir tódolos teus aforros.
De tódolos xeitos a bolsa non é o único condicionante, é preciso contar cunha invitación dalgún profesor/a dunha universidade extranxeira que se encargue de titorizar a túa estadía. No meu caso, eu mesmo me encarguei de poñerme en contacto coa persona coa que estaba interesado en levar a cabo a estadía. É certo que hai veces que non contestan aos correos pero non desesperes, sempre hai algunha boa persoa que estará encantada de recibirte e facer que a túa estadía sexa o máis entrañable posible, como foi no meu caso. 😛