«Creatividade e innovación social e sustentable», o doutoramento

Doutor, calquera familiar meu pensaría que estudei medicina pero a posibilidade de converterse en doutor está ao alcance dos que sexan capaces de rematar unha carreira (agora son graos, antes foron licenciaturas e diplomaturas), un mestrado e presentar con éxito unha tese. En este último paso é no que me encontro desde setembro de 2017, tratando de finalizar do mellor xeito posible o doutoramento en «Creatividade e innovación social e sustentable«.

Seguro que este nome sona algo extraño pero o nome do programa é so unha idea xeral para permitirche facer un doutoramento nunha amplia gama de ramas de coñecemento. As posibles liñas de investigación son: innovación en saúde, sustentabilidade e comunicación, deseño e innovación social, innovación e sustentabilidade dos recursos naturais, gobernanza e innovación ou innovación pedagóxica na profesionalización docente. Eu elexín a liña de «innovación, sustentabilidade e comunicación» polo meu interese na comunicación, novas tecnoloxías, ferramentas, tácticas e estratexias da comunicación social. Se queredes máis información sobre este programa de doutoramento, podedes botar unha ollada nesta ligazón.

Saber se elexín ben ou non é moi difícil. Unha tese é unha carreira de ultra distancia, con altos e baixos, momentos nos que te cres o rei do mundo e momentos nos que pensas que non serves para nada, aínda que do que estou seguro é de que me encanta investigar e tamén, pese a que no pasado nin se me pasara pola cabeza, impartir docencia sobre materias e temas que me suscitan gran interés.

Son consciente de que o camiño que decidín tomar non é sinxelo e moito menos curto (neste post da post da Universidade de Sevilla podedes ver o longa e complicado que resulta converterse en profesor universitario), pero botando a vista atrás penso que foi un gran acerto meterme neste programa de doutoramento e, agora que estou tratando de rematar a miña tese e que non teño nada claro qué pasará cando acabe, animo a calquera que teña intereses científicos ou docentes a elexir este camiño.

Carreira de profesor universitario. Más info.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies. Si continúas navegando aceptas esta política de cookies, aquí podes ler máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies